CRTVG

Buscar

Atopan os restos do avión que se estrelou en Rusia con 28 persoas a bordo

Publicado o 06/07/2021 12:18

Os equipos de rescate rusos atoparon os restos do avión que se estrelou este martes na península de Kamchatka, con 28 persoas a bordo, segundo informou a axencia de aviación Rosaviatsia. Segundo os primeiros datos, ningún dos pasaxeiros sobreviviu ao accidente. Os labores de rescate son dificultosos pola orografía do lugar. 

As autoridades rusas informaron que perderon o contacto cun avión de pasaxeiros AN-26 con 28 persoas a bordo que efectuaba un voo na península de Kamchatka, no extremo oriente de Rusia. O aparello engalara en Petropavlosk, de Kamchatka, con destino á localidade de Palana.

Segundo os primeiros datos, a bordo da aeronave ían 22 pasaxeiros, dous deles nenos, e seis membros da tripulacuón. "O avión deixou de comunicarse por radio cando se dispoñía a aterrar. Non informou de problemas a bordo", dixo unha fonte dos servizos de emerxencia.

 

Noticias web

06/07/2021