CRTVG

Buscar

Galicia alcanza os 1.400 mortos con covid-19 o último día de 2020, tras notificar sete mortes

Publicado o 31/12/2020 21:43
Galicia alcanza os 1.400 mortos con covid-19 o último día de 2020, tras notificar sete mortes

Falecen 7 persoas que foran diagnosticadas de covid-19, o que sitúa o número total de mortes na nosa comunidade en 1.400 desde o inicio da pandemia.

Os falecidos eran unha muller de 85 anos, procedente da residencia Domus VI Vimianzo e trasladada ao hospital de Cee, un home de 85 anos no CHUO, un varón de 63 anos en Povisa, unha muller de 92 anos no CHUS e un home de 59 anos no mesmo hospital.

Procedían de centros residenciais unha muller de 91 anos, da residencia de Vilaboa (Pontevedra) e unha muller de 79 anos do mesmo centro.

Segundo informa o Servizo Galego de Saúde, todas elas presentaban patoloxías previas.