Perde dúas ovellas máis nun ataque do lobo
Publicado o 30/05/2019 13:41
E novo ataque do lobo a unha explotación de Celeiro, na Mariña luguesa, e xa van tres en pouco máis dun mes. Nesta ocasión, o gandeiro afectado perdeu dúas ovellas.
Estas imaxes foron gravadas por un equipo desta canle a primeiros de semana na explotación. En total, o lobo xa lle matou 16 ovellas, o ataque máis grave foi no mes de abril, daquela este gandeiro perdera dez animais.
Ao parecer, algúns veciños viron nos arredores unha loba coas crías, pero nunca antes se achegaran tanto á costa en busca de alimento coma este ano.