CRTVG

Buscar

Perdas millonarias pola gota fría no sueste peninsular

Publicado o 17/09/2019 14:20

Militares, policías e Garda Civil buscan por terceiro día o home de 66 anos arrastrado pola riada na localidade alacantina de Dolores. É a única persoa desaparecida por unha gota fría que deixa seis mortos, e perdas millonarias en vivendas, negocios e zonas de cultivo. 

A medida que pasan os días vaise coñecendo a verdadeira magnitude dos estragos que deixou a gota fría no sueste peninsular.

Unha primeira estimación calcula en máis 30.000 os damnificados que elevarían o custo das indemnizacións a mais de 200 millóns de euros, segundo o Consorcio de Compensación de Seguros.

Moito maiores son as perdas que a gota fría deixou no campo e que poderían ascender a varios centos de millóns de euros en Valencia, Alacante, Murcia e Almería.

Hai tamén outras zonas afectadas en Castela-A Mancha e Madrid. O Goberno en funcións ten previsto aprobar este venres para todas elas as primeiras axudas, aínda que está á espera de recadar información máis completa antes de responder á petición de comunidades e concellos de declaralos como zona catastrófica.

A peor gota fría que se recorda en 140 anos, deixou seis persoas mortas; hai ademais un desaparecido na localidade alacantina de Dolores.

Militares, policías e gardas civís seguen á busca deste home, un holandés de 66 anos, que arrastrou a auga o domingo pasado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/09/2019