Percorremos Santiago, baleiro polo confinamento
Publicado o 17/04/2020 21:59
Hoxe pisamos a outra Compostela. A inexistente, a que poucos coñecen. A que non sae nas fotos nin na tele. Hoxe, baixo a a tiranía dun virus letal , os turistas somos nós. E ante estoutra cidade miramos para ela estrañados, como se pasaramos de ser íntimos a perfectos descoñecidos . Sen coches, sen mochilas, sen música nas rúas agás a que soa, de Fran Pérez Narf, que tanto lle cantou á súa cidade.
A cidade incompleta sen nós, e sen eles, os que ás veces pensamos que nos invadían unha praza que agora, ironías da vida, tamén parece incompleta. A outra praza. A da Compostela baleira. Se cadra, a doutros séculos.
Repensar e repensármonos, desta volta, desde o interior da outra cidade.
Máis sobre Santiago de Compostela
26/02/2021 20:00
24/02/2021 13:43