CRTVG

Buscar

Percorremos Pontevedra, baleira polo confinamento

Publicado o 20/04/2020 22:04

Preguntámonos cando volveremos. Á casa, aos bares, a madrugar, aos teatros... cando volveremos todos e a todo.. Cando este luns raro volverá ser o máis odiado. O día que luns, martes ou venres volvan encher as rúas e as prazas. Cando, á Pontevedra que agora berra en silencio polas estradas ruidosas, volverán as pontes que voan no medio do atasco e, incluso, a horrible pitada impaciente dos coches. Ata iso nos preguntamos. 

Agora, en pausa, a cidade partiuse en dúas e nós agardamos pola outra metade. 
E sabedoras de tanto esforzo, baleiras, aguantan o paso dos días. Dos luns e de todos os días raros.

Noticias web

20/04/2020