CRTVG

Buscar

Percorremos Ferrol, baleiro polo confinamento

Publicado o 21/04/2020 21:59

Vémola a través da fiestra. Fóra non vai frío, porén a cidade sábese fría. Chegou unha primavera aterecida, case conxelada. Houbo que conxelar os días, as portas, os muros, o vento. Mesmo houbo que conxelar os pasos. Quedou o mundo parado. Quedou, se cadra, un Ferrol aínda máis conxelado.

No mundo parado a cidade dorme de día e de noite. Ao frío. Porén no mundo de dentro ferven as ganas de vida. As ganas de mudar os xélidos encontros dun móbil polos encontros.

A cultura, que, neste intervalo frío, fai tanto por derreter esta e todas as cidades conxeladas.




 

Noticias web

21/04/2020