CRTVG

Buscar

Percegurú, unha app que dá a previsión do tempo tres días antes para traballar no mar

Publicado o 21/08/2020 14:52

Semáforos de catro cores informarán a percebeiros, mariscadores e mariñeiros de baixura sobre estado do mar

Mar de fondo na Costa da Morte, vento do suroeste en cabo Silleiro, mala visibilidade na costa da Coruña... Condicións meteorolóxicas cambiantes en distintas zonas que a partir de agora se poden coñecer grazas á aplicación Percegurú.

"É a clave do marisqueo e do mar en xeral. Para todas as especies: percebe, ourizo, navalla... Dependemos moito do tempo. Á xente interésalle iso", di Manuel Reiriz, presidente da Agrupación de mariscadores de Aguiño.

Semáforos de catro cores

O funcionamento é moi sinxelo. Escóllese unha confraría e a aplicación amosa cun código de cores o estado do mar nos lugares habituais de traballo.

"O semáforo azul indica unha onda de menos dun metro; o de verde, entre 1 e 2; o amarelo, a tres metros; e o vermello, de máis de tres metros", afirma Covadonga Salgado, directora do Intecmar.

A ferramenta está promovida pola Administración galega e é gratuíta. O Intecmar procesa a información dos modelos de Meteogalicia e xera información puntual para zonas concretas. Con tres días de antelación tamén se poden coñecer outros datos importantes como o horario das mareas, a forza e a dirección do vento, a temperatura ou a previsión da altura de onda.

Noticias web

21/08/2020