CRTVG

Buscar

Pequín ameaza cunha intervención en Hong Kong para restablecer a orde na ex-colonia británica

Publicado o 16/08/2019 11:55

Despois de dous meses de manifestacións en Hong Kong a favor da democracia, Pequín deixou sobrevoar estes últimos días a ameaza  dunha intervención para restablecer a orde na ex colonia británica. De feito está a concentrar efectivos da policía militar na fronteira hongkonesa.

China concentra forzas pertencentes á policía militar en Shenzhen, unha cidade fronteiriza con Hong Kong, segundo a Axencia France Presse, no medio da crise polas manifestacións pro democracia. Os homes concentrados estan rodeados de camións e blindados de transporte de tropas.China, xa denunciou as agresións, que cualificou "de tipo terrorista" nos enfrontamentos durante as manifestacións.

O Goberno central chinés, segundo a prensa local, non interveu aínda pola forza para atallar as manifestacións en Hong Kong pero, de facelo, non sería "unha repetición" da represión das protestas de Tiananmen hai 30 anos.No medio da crecente tensión, e a golpe de chío, o presidente estadounidense, Donald Trump, pareceu vincular un eventual acordo comercial con Pequín a unha resolución, que chamou, "humana" do violento enfrontamento na ex colonia británica. Mentres os cidadáns están a facerse con cascos e gafas para acudir as protestas.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/08/2019