CRTVG

Buscar

Pequenos e mestres extreman as medidas de seguridade nos colexios de Alemaña

Publicado o 01/05/2020 16:54

En Alemaña xa se están a levantar as restricións e moitos nenos volveron ás clases. A normalidade é moi relativa. Os pequenos e os mestres teñen que extremar as medidas de seguridade sanitaria.

Estas son imaxes de institutos de secundaria alemáns. Mantendo a distancia social tanto dentro como fóra dos centros, aplicando todas as medidas de hixiene e desinfección e cunha clara separación dentro das aulas. Así é como están a regresar ás clases os menores en Alemaña. Prevese que este luns xa abran boa parte das escolas e institutos de todo o país, agás os do estado de Baviera, un dos máis castigados polo coronavirus. Tamén se prevé permitir en breve o acceso a parques infantís.
 

Noticias web

01/05/2020