CRTVG

Buscar

Aglomeracións e desencontros entre os citados para vacinarse na Cidade da Cultura

Publicado o 06/04/2021 20:04

Estas son imaxes de Santiago de Compostela, onde houbo un incidente ás portas do recinto de vacinación que obrigou a intervir os axentes da orde. Segundo a Consellería de Sanidade, foi un desencontro entre varias persoas que se atopaban agardando para entrar, provocado polas quendas de vacinación.

Desde Sanidade lembran a importancia de respectar os horarios de citación e de acudir á hora prevista, nin antes de tempo, nin máis tarde.

Noticias web

06/04/2021