CRTVG

Buscar

Pepe Solla remata a súa colaboración co comedor social de San Francisco, en Pontevedra

Publicado o 05/06/2020 14:26

A súa calidade como cociñeiro é ben coñecida. Pepe Solla conta cunha estrela Michelín e tres Soles Repsol. Pero agora, demostra que, ademais, é unha persoa comprometida e solidaria. Leva días cociñando para os usuarios do comedor de San Francisco, en Pontevedra. Hoxe despídese con este menú.

Os pratos que fixo estes días son diferentes aos dos seus restaurantes, pero nunca descoidou a calidade, as propiedades nutritivas e o cariño que pon na eleboración.

Os seus restaurantes abrirán a segunda quincena deste mes. Alí volverá ofrecer os seus pratos despois desta axuda nun comedor social que chegou a atender ata 180 comensais diarios.

Noticias web

05/06/2020