CRTVG

Buscar

Pepe Pozas: "O obxectivo é a permanencia pero sen poñernos barreiras"

Publicado o 16/09/2020 14:02

Comeza unha nova temporada, e no Obradoiro deixan claro o obxectivo, que é a permanencia.

É un novo proxecto e, coma sempre, con moitas caras novas. Xogadores que apuntan alto e que, indica Pozas, traen compromiso.

Na estrea faltarán dous xogadores clave: Jake Cohen e Kartal Ozmizrak. Para solventar a inoportuna lesión do base turco, o club botou man dun veterano de guerra: Albert Oliver. Un especialista ao rescate.

A liga comeza con tres partidos en sete días. A estrea será  este sábado ante Fuenlabrada.

Noticias web

16/09/2020