CRTVG

Buscar

Pepe Mel despexa as dúbidas: será o adestrador do Deportivo a próxima temporada

Publicado o 19/05/2017 14:55

Mel entende o enfado da afección e traballa xa no proxecto da próxima temporada. Quere un Deportivo ambicioso

No Deportivo, Pepe Mel despexa calquera dúbida que poida haber. El será o adestrador do Deportivo a próxima temporada.

Mel entende o enfado da afección e traballa xa no proxecto da próxima temporada. Quere un Deportivo ambicioso. Para aqueles que poñían en dúbida a súa continuidade, Mel responde con rotundidade.  

O peche da temporada en Riazor non será precisamente un fin de festa. A afección vai amosar o seu descontento co rendemento do equipo. Ademais a bancada de maratón vaise baleirar á media hora.

Será un novo punto de desencontro cun entorno ao que se acusou de prexudicar o equipo.

Non foi Mel o primeiro en sinalar a presión externa como un problema para o equipo.

Falamos con representantes dese entorno: un membro das peñas, un xornalista e un ex-adestrador.

O sábado Riazor volverá pronunciarse.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/05/2017