CRTVG

Buscar

Pepe Álvarez (UGT): "O Estado debe declarar o aluminio sector estratéxico"

Publicado o 22/06/2020 11:25

Esta tarde terá lugar unha nova protesta dos traballadores de Alcoa na Mariña. O secretario xeral de UGT, Pepe Álvarez, anunciou a súa presenza na manifestación deste luns.

Esta mañá reúnese en Viveiro (Lugo) coa sección sindical de UGT Galicia en Alcoa e con delegados de empresas auxiliares. Falamos con el para afondar no tema.

"O aluminio primario non pode desaparecer do noso país, polo que non é unha cuestión dunha empresa, senón dun país que non pode deixar de producilo", indica Álvarez.

En palabras do propio Álvarez, a dependencia de determinados produtos pode "dar lugar a problemas serios á hora de producir elementos como envases para a alimentación". "Queremos que o estado declare o aluminio como un sector estratéxico", engade.

 

 

 

Noticias web

22/06/2020