CRTVG

Buscar

Pepe López aguanta o acoso de Suárez e gaña o Rally de Ferrol

Publicado o 22/08/2020 16:15

A segunda proba do Campionato de España de Rallys levouna Pepe López despois dunha xornada de sábado memorable na que José Antonio "Foguete" Suárez presionou dun xeito incrible o piloto madrileño. 

Suárez marcou os mellores tempos no TC5, no TC6 e no TC7 e conseguiu recortar 12 dos 14 segundos de vantaxe cos que comezaba o sábado Pepe López. No oitavo treito os dous pilotos marcaron o mellor tempo e todo quedaba pendente do último treito no que López amosou os seus galóns e ampliou a diferenza en dous segundos. 

No terceiro posto quedou Iván Ares, que non puido achegarse aos rexistros dos dous favoritos para acadar o Campionato de España. Ares acabou a 49 segundos do gañador. Houbo tres galegos entre os seis mellores. Víctor Senra foi o cuarto a 1:25 e Javier Pardo acabou no sexto posto con 2:59 segundos perdidos.