CRTVG

Buscar

Pepe López gaña o nacional de Rallys na edición máis emocionante da historia

Publicado o 28/11/2020 17:42

No último treito do último rally. Así logrou a vitoria no Campionato de España de Rallys Pepe López nunha dura loita con Cohete Suárez.

O asturiano Suárez presionou ata o último intre e mesmo dependía de si mesmo para ser campión no último treito. Con todo, non puido marcar un dos dous mellores tempos nese derradeiro treito e viu como López e Pernía, o convidado que ninguén agardaba, lle quitaban a posibilidade do campionato. 

Iván Ares foi o mellor no Rally das Illas Canarias entre os aspirantes ao título pero chegaba a esa última proba sen opcións de acadar o título. Ao final, Pepe López acabou con 139 puntos polos 138 que sumou Suárez. No terceiro chanzo desde nacional de rallys quedou o cambrés Iván Ares. 

Noticias web

28/11/2020