CRTVG

Buscar

Peóns zombis: Como evitar atropelos cando imos despistados co móbil pola rúa?

Publicado o 11/11/2019 17:52

Autoridades de todo o mundo están a tomar medidas contra os peóns zombis, eses camiñantes despistados, cada vez máis numerosos, que cruzan a rúa concentrados na pantalla do móbil, sen mirar se pasan coches. En Galicia, temos semáforos no chan para os que non levantan a cabeza.

Estocolmo decidiu instalar un novo sinal de perigo. Porque andamos como autómatas, cruzamos como zombis.

Pero si, da presenza de zombis advirten os condutores.

En Hawai existe a Lei do Camiñante Distraído: multa de 35 dólares aos que crucen sen mirar. En Nova York chegan ata 250 dólares.

En Corea mesmo empregan aplicacións que invaden a nosa pantalla cunha alarma cando imos cruzar.

En Barcelona, Eivissa ou Guadalaxara xa existen estes semáforos no chan.

Vigo adiantouse. Hai máis de catro anos que estreou estas luces led en García Barbón. E mais estes semáforos bolardo pola Porta do Sol.

A práctica totalidade dos accidentes provocados por peóns son pola culpa do móbill, porque andamos como autómatas.

Veremos se xorden máis medidas contra este perigo que ameaza tanto dentro coma fóra do coche.

Un fonte de despistes bastante aceptada.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/11/2019