CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Pensionistas protestan ante o Congreso para pedir a revalorización conforme ao IPC real

Publicado o 12/09/2018 14:50

Un grupo de pensionistas cortou o tráfico fronte ao Congreso para pedirlles aos partidos políticos que as prestacións se revaloricen conforme ao IPC real.

Os manifestantes queren evitar que se utilicen novas fórmulas ligadas aos salarios ou ao PIB. Lembran que a metade dos pensionistas cobra por debaixo do salario mínimo interprofesional.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí