CRTVG

Buscar

Pensionistas de toda España chegan a Madrid

Publicado o 15/10/2019 20:44

Pensionistas de toda España chegaron a Madrid para reclamar pensións dignas e ligadas ao IPC As marchas dos xubilados que saíron de Bilbao e de Rota, Cádiz, confluíron esta tarde na Porta do Sol, onde se concentraron baixo o lema "Goberne quen goberne, as pensión públicas deféndense".

Na protesta participaron membros de Podemos liderados por Pablo Iglesias. Mañá levarán a protesta ao Congreso dos Deputados, onde lles van entregar as súas reclamacións aos grupos parlamentarios e ao Goberno.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/10/2019