CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Penderecki: "Escribo música sincera e iso á xente gústalle"

Publicado o 12/01/2018 16:58

A orquestra e o solista, Adolfo Gutiérreza Arenas, ensaian o concerto para violochelo nº 2, baixo a mirada e as indicacións do mestre. Penderecki compuxo para Rostropovich este concerto impregnado de romanticismo hai 20 anos.
Tócase en España por primeira vez.

"Sempre buscando. Toda a miña vida andei diante para atrás, diante para atrás. Aínda agora que teño 84 anos ando na procura de algo diferente e novo".

O concerto repasa distintas épocas do compositor. Comeza cun dos seus clásicos máis rompedores, Polymorphia, do ano 1961.

Polymorphia é unha das primeiras obras que escribín e foi unha revolución, aínda que estabamos no tempo da vangarda. Eu xa fixen vangarda antes da vangarda. É unha peza que non ten nada que ver coa tradición agás o último acorde.

Dende os anos sesenta do século pasado Pederecky goza da admiración do público.
É un dos compositores máis popualres e determinantes das últimas décadas.

"Escribo a música que me gusta a min porque a escribo para min. Por suposto que cambia. Dun tempo a outro non é a mesma. Pero sempre conseguindo púbico. Non escribo para a xente especialmente pero escribo musica da alama, que e sinceira e auténtica e ixo a xente gústalle.

Un público que coñece as súas obras tamen polas súa inclusión en filmes coma o Exorcista ou o Resplandor do cineasta Stanley Kubric.

A miña música usouse en moitas películas. Por suposto que non todas son as mellores, pero Kubric foi un dos que mellor a entenderon e a utilizaron da mellor maneira.

Humanista, fondamente católico e amigo da natureza: Penderecki ten un "arbetorum" de milleiros de arbores traídas de todo o mundo, que lle serven de inspiración.

"Tróuxenos, planteinos ata facer o que para min é un dos lugares máis importamtes do mundo: o meu xardín".

Quédalle por compoñer a novena sinfonía, non ten présa, porque di que é a derradeira. Aos 84 anos, Penderecky ofrece na Coruña un paseo pola súa música.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Zigzag Diario

12/01/2018