CRTVG

Buscar

Pendentes de se as eleccións autonómicas en Cataluña se van celebrar o 14 de febreiro

Publicado o 23/01/2021 16:52

E outro punto de interese no día de hoxe está en Cataluña. Seguen pendentes de se se van celebrar ou non esas eleccións na data prevista, o 14 de febreiro. Aínda que todo parece indicar que si. Que podería impedilo? Dous motivos: ou que o Goberno modifique o decreto do estado de alarma e se decrete un confinamento domiciliario ou que os tribunais decidan adiar os comicios, algo para o que teñen de prazo ata o 8 de febreiro. De darse algunha destas circunstancias as eleccións serían o 30 de maio. Polo de agora parece que non se vai dar ningunha destas hipóteses, o propio Goberno catalán parece xa bastante resignado e, sendo así a campaña electoral comezaría o próximo venres 29. Isto parece ser agora mesmo o máis probable. 

 

 

Noticias web

23/01/2021