CRTVG

Buscar

Pendentes da sentenza sobre as peaxes de Rande

Publicado o 14/02/2020 14:51

Nas próximas semanas sairá a sentenza do xuízo contra Audasa polas peaxes durante as obras de Rande. Unha das claves é aclarar a magnitude dos atascos. A Fiscalía fala de colapsos prolongados e Audasa redúceo a incidencias limitadas. Da conclusión pode depender que os condutores recuperen ou non os cartos das peaxes.

Segundo publica hoxe Faro de Vigo, durante os tres anos que duraron as obras houbo polo menos 70 días en que Tráfico alertou de retencións na zona de Rande e chegou a haber ata 100 avisos distintos nas redes sociais. Se o servizo era malo e as peaxes abusivas determinarao a sentenza.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/02/2020