CRTVG

Buscar

O sector da hostalaría, pendente da posible apertura dos seus locais

Publicado o 20/02/2021 14:31

Lourdes atende, como é habitual, os seus clientes na porta. Este sábado o tempo non acompaña pero a súa esperanza, igual que a de moitos hostaleiros e hostaleiras, está posta nesa reunión do comité clínico este luns.

Ten dous establecementos máis en Pontevedra. Dende que comezou a pandemia vive esta situación con moita incerteza. Dezaoito dos seus 27 empregados están en ERTE. Os clientes tamén ansían a apertura deste sector.

Os datos avalan este alivio das restricións nun sector moi castigado. En todo caso esa eventual apertura será gradual e terá que estar avalada por unha boa evolución da situación.

Nesta nova reapertura da hostalaría o Goberno galego pedirá a colaboración, unha vez máis dos concellos, para levar a cabo máis medidas de control e retomar esta nova normalidade con calma e sentidiño.

Noticias web

20/02/2021