A celebración do Apóstolo ou o Arde Lucus, pendentes da evolución do coronavirus
O vindeiro 25 de xuño sería a data de incio das festas do Arde Lucus, pero polo momento non hai decisión tomada sobre se se celebran, se cancelan ou se adían. No concello queren agardar e decidir en función da evolución da pandemia, dado que a celebración do evento sería un revulsivo económico para a cidade pero cómpre garantizar a seguridade da xente. Con todo, malía o importante que sería para o sector da hostalería, este está convencido de que é imposible que se celebren.
Tocará agardar para saber que pasará tamén co San Froilán e se en outubro se pode manter mellor o equilibrio entre tradición, diversión e seguridade.
Unha situación semellante vívese en Santiago, onde as medidas de seguridade, como manter a distancia social, tamén condicionan a celebración das Festa do Apóstolo. No Concello de Santiago din que agardarán ata o último momento para tomar decisións sobre o programa de actividades.
Con todo, algúns dos actos máis emblemáticos poderían organizarse, pero adaptados ás novas circunstancias. Por exemplo, manter os fogos e o espectáculo audiovisual do Obradoiro, pero sen público e televisados.