A combustión dun xerador eléctrico, posible causa da morte da familia de Curtis
Publicado o 23/12/2019 09:00
Loito en Curtis polos tres membros da mesma familia que morreron na súa casa. Pendentes hoxe dos resultados da autopsia, todo apunta a unha intoxicación de monóxido de carbono, pola combustión dun xerador eléctrico. O sábado quedaran sen luz, e botaron man dun aparello que levaba tempo sen usar.
O fillo, de 51 anos, caeu no baixo, ao pé do xerador. Os pais, que superaban os 80, no seu cuarto. Foi o outro fillo quen os atopou, preocupado porque non respondían ao teléfono.