CRTVG

Buscar

Pemex traslada aos traballadores que está intentando resolver os problemas financeiros

Publicado o 06/11/2019 15:14

Pemex, o accionista maioritario de Barreras, envía unha mensaxe de tranquilidade aos seus traballadores. Nun comunicado interno, o novo presidente asegura que a compañía, en preconcurso de acredores, está realizando intensas xestións para resolver á maior brevidade os seus problemas financeiros. Di que manteñen conversas cos armadores dos buques que están en construción, con bancos, coa industria auxiliar -á que lle deben máis de vinte millóns de euros- e coa Xunta, que exerce de mediadora.

Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta: "Cónstanos a día de hoxe que se mantén a carteira de pedidos. É unha boa nova. Desde a Xunta de Galicia pedimos o mesmo que dende o principio, que se poñan de acordo os accionistas, pensando en que o que nos interesa a todos é a viabilidade non só para o presente, senón tamén para o futuro".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/11/2019