CRTVG

Buscar

Pelosi anuncia unha investigación sobre o asalto ao Capitolio

Publicado o 16/02/2021 10:13
Pelosi anuncia unha investigación sobre o asalto ao Capitolio

A presidenta da Cámara de Representantes dos Estados Unidos, Nacy Pelosi, anunciou a creación dunha comisión independente para aclarar o asalto ao Capitolio.

Nunha carta dirixida aos demócratas, Nancy Pelosi explica que será unha comisión similar á que creou o Congreso despois dos ataques do 11 de setembro de 2001.

O obxectivo dese grupo de investigación será examinar a resposta da policía do Capitolio, que se viu superada pola multitude no asalto, e a reacción doutras forzas de seguridade federal, estatal ou local.

A carta di que a comisión informará dos feitos e causas sobre o que denomina ataque terrorista doméstico do 6 de xaneiro pasado por parte de simpatizantes de Trump, en que morreron cinco persoas.

Noticias web

16/02/2021