CRTVG

Buscar

Presentación en Cannes de 'O que arde', de Oliver Laxe

Publicado o 21/05/2019 11:13

A sala Debussy acollerá ese primeiro pase, como vén sendo habitual nos filmes que compiten nesta sección de Unha certa ollada. Con O que arde centos de xornalistas chegados de todo o mundo e o público francés descubrirá unha Galicia moi real en que a base da historia é a relación entre unha nai e o seu fillo acabado de saír do cárcere.

Galicia desde a paisaxe da montaña nos Ancares e Galicia desde os rostros de Amador e Benedicta, os actores do filme.

Dentro dunhas horas, Amador e Benedicta serán os protagonistas no Festival de Cannes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/05/2019