CRTVG

Buscar

Pelexas polos asentos, tropezos e outras anécdotas da sesión constitutiva

Publicado o 03/12/2019 14:59

Adestrados xa na anterior sesión constitutiva, os deputados sabían que a primeira batalla desta xornada, sen escanos asignados, é a da localización. Dúas horas antes da sesión, algúns facían cola para coller sitio, cun duelo entre Vox e Ciudadanos. Edmundo Bal, que substitúe a Albert Rivera no Congreso, ocupou parte da primeira fila central, e Marcos de Quinto forcexou cun deputado de Vox polos que foran os escanos laranxa. Os dous partidos culpan o contrario dunha discusión que acabou a empurróns.
Nesta lexislatura hai regresos, como o do BNG, ou o de Iñigo Errejón. Nomes novos, como Teruel Existe ou a CUP. E caras xa coñecidas, como Agustín Zamarrón, deputado socialista de máis idade que volveu deixar sentenzas que subscribiría Valle-Inclán.

Este médico xubilado asistía á sesión cunha coxeira que logo noi foi a única: Adriana Lastra tropezou nun chanzo e escordou o nocello, polo que tivo que ser atendida polos servizos médicos do Congreso, tras a asistencia das doutoras Montero e Pastor. Achegáronlle a urna para votar, como a Pablo Echenique e a Magdalena Olona, polo seu avanzado embarazo. Tamén a deputada da CUP tivo que votar á parte ao ser esquecida nun dos chamamentos. Behí levaba unha das camisetas reivindicativas que se viron no Congreso, ao igual ca de Rosique, deputada de Esquerra, en que se podía ler "independencia" coas bandeiras vasca, catalá e galega.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/12/2019