CRTVG

Buscar

Pelexa mortal entre os dous homes, hipótese sobre os corpos atopados en Córdoba

Publicado o 16/04/2018 20:53

Unha pelexa mortal entre os dous homes é a principal hipótese, segundo fontes próximas a investigadores, no caso dos dus cadáveres atopados no interior dun coche estacionado nun garaxe de Priego, en Córdoba.

Como causa das mortes, o informe preliminar da autopsia apunta a "shock hemorráxico secundario por feridas de arma branca", que apareceu no lugar. Confírmase que o vehículo era do maior dos falecidos e que os familiares do máis novo denunciaran a súa desaparición.

Os investigadores, polo de agora, descartan unha terceira persoa, xa que a porta do garaxe estaba pechada por dentro e había luz. Decretouse o segredo das actuacións nun caso en que seguen abertas todas as liñas de investigación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/04/2018