CRTVG

Buscar

Pelexa insuficiente do Cisne diante do Benidorm (26-28)

Publicado o 09/05/2021 10:41

Malia estaren descendidos, os xogadores do Dicsa Modular Cisne pelexaron ata o final para tentar sacar algo positivo diante do Benidorm pero acabaron perdendo por 26-28. 

O partido estivo moi igualado ata preto do descanso pero nos últimos minutos da primeira parte e no inicio da segunda metade os visitantes acadaron un parcial de 1-6 (do 11-11 ao 12-17) que resultaría decisivo. 

Ivan Nikcevic, con 9 goles, foi o factor determinante a prol do Benidorm. Nos locais os máis atinados cara á porta contraria foron Guilherme Valadao (7 goles) e Carlos Pombo, con cinco.