CRTVG

Buscar

Pelexa a machadazos nunha praza de Alcorcón

Publicado o 06/04/2021 16:30

Na Comunidade de Madrid, en concreto en Alcorcón, vivíronse momentos de moita tensión cunha pelexa a machadazos Foi a plena luz do día, nunha praza, enfrontáronse uns 20 de mozos pertencentes, segundo din algúns veciños, a dúas bandas.

Na praza había xente que se tivo que refuxiar nunha parroquia. Cando soaron as sirenas da Policia, os que participaban na pelexa escaparon tirando as armas nos xardíns do parque. Hai un ferido leve. Os veciños contan que levan dous anos sufrindo este tipo de altercados.

Noticias web

06/04/2021