CRTVG

Buscar

Peke sobre os malos resultados: "Concedemos moitos goles e así é imposible"

Publicado o 04/02/2021 17:12

O Deportivo feminino viaxa a Badaxoz. Visita o Santa Teresa e ten que comezar a remonta. Por diante ten a segunda volta e dous partidos máis. Para empezar as deportivistas queren mellorar a nivel defensivo.

Ademais segue na procura dun protocolo que unifique os criterios. No calendario mandan as comunidades e os médicos de cada club.

Iso provoca que, dependendo do lugar, un partido sexa suspendido ou non. As xogadoras protestaron. Reclamaron unha uniformidade.

A situación está alterando a liga, desvirtuando o campionato, con partidos por disputarse.

Para Peke: "O protocolo é confuso e provoca a adulteración da competición"



 

Noticias web

04/02/2021