CRTVG

Buscar

Peixes de gran tamaño que xa non sorprenden na lonxa de Ribeira

Publicado o 08/04/2021 15:29

Hai peixes que acadan tamaños que algúns de nós nunca vimos, como un linguado de tres quilos ou un mero de dezasete. Pero na Lonxa de Ribeira xa están afeitos a estes casos extraordinarios. Rara é a semana na que os traballadores e comercializadores que operan na rula non se fan fotos coas estrelas da lonxa: un rodaballo de máis de 10 quilos; un ollomol de case 4, un pargo de 7 e medio ou un lumbrigante de 5 quilos.

Rebeca Fernádez Santos, xefa de Cancha da Lonxa de Ribeira: "Temos agora ollomois, linguados que están destacando fóra do normal".

Ás veces, os barcos chegan a porto con especies tan raras que até os mariñeiros máis ilustrados son chamados a consultas. Ocorreu hai unhas semanas cun estraño cefalópodo de 7 quilos. Pero houbo máis casos.

Rebeca Fernádez Santos, xefa de Cancha da Lonxa de Ribeira: "Tivemos o verán pasado un peixe lúa de cen quilos que eu nunca vira. Chamou moita a atención".

Ribeira é porto de pesca de baixura máis importante de Europa por onde pasan a diario peixes e mariscos de gran calidade e tamén de gran tamaño.

Noticias web

08/04/2021