CRTVG

Buscar

Peio Ormazábal nadará 22 quilómetros, da Coruña a Cabanas, polas vítimas da covid-19

Publicado o 03/07/2020 14:53

Peio Ormazábal prepara contra o reloxo o seu último reto solidario. O vindeiro 15 de agosto cruzará a nado entre a praia coruñesa de San Amaro ata o areal da Madanela, en Cabanas. Uns 22 quilómetros en liña recta cos que quere homenaxear as vítimas da covid-19 que non puideron ser despedidas polos seus.

A imaxe do esforzo e a solidariedade será semellante a estas, e é que Peio xa participou noutros retos solidarios como cruzar de Mallorca a Menorca para loitar contra a leucemia infantil ou cruzar o estreito de Xibraltar para axudar os nenos con síndrome de Down. Retos que requiren dunha importante preparación.

Tras unha lesión de costas e tras meses confinados e sen poder adestrar, toca agora traballar arreo para preparar este novo reto solidario.

Noticias web

03/07/2020