CRTVG

Buscar

Peggy Records, a única tenda de música de Ourense que resiste tras 30 anos vendendo discos

Publicado o 23/05/2019 21:33

A tenda de música Peggy Records acaba de facer 30 anos de resistencia grazas a un público fiel e, sobre todo, pola ilusión, o esforzo e o amor pola música do seu dono. É a única que queda na cidade de Ourense.

A venda dos cedés físicos vive o seu peor momento, o vinilo sobe e xa representa o 17% das vendas de música en España. Para todo tipo de público, todo tipo de música, clásicos e tamén as últimas novidades, e ademais música tradicional galega e a música feita en Ourense.

O 71% da música véndese xa en formato dixital, pero aquí en Peggy seguen soando e vendendo discos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/05/2019