CRTVG

Buscar

Pedro Sánchez xustifica os decretos lei polos bloqueos da Mesa do Congreso

Publicado o 16/03/2019 14:46

Pedro Sánchez participu hoxe nun acto en Madrid para arroupar a Ángel Gabilondo e Pepu Hernández, candidatos á presidencia da comunidade e á alcaldía da capital. O líder dos siocialistas afirmou que que a estratexia gobernamental dos decretos lei vén dada porque a Mesa do Congreso, con maioría do PP e Ciudadanos, bloquea as iniciativas socialistas prorrogando o seu tempo de tramitación.

Sánchez explicou que traballa a prol dunha sociedade "diversa, plural e inclusiva", e engadiu que "España ten moitas prazas, non só a de Colón".

Finalmente, o líder dos socialistas manifestou que o 28 de abril, nas urnas, está en xogo "que España avance ou que retroceda corenta anos".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/03/2019