CRTVG

Buscar

Sánchez xustifica os cambios no Goberno en rexuvenecer o Executivo e recargar pilas

Publicado o 14/07/2021 08:29

Sánchez xustifica os cambios no Goberno en recargar pilas e rexuvenecer o executivo. Di que teñen por diante unha tarefa distinta á que iniciaron hai 18 meses e que facían falla relevos nos equipos.

Primeira entrevista de Pedro Sánchez tras os cambios no Goberno. Di que España entrou nunha fase distinta despois da pandemia e que os relevos tiñan que producirse, como pasa en todos os equipos.

E resta importancia ao feito de que marchasen pesos pesados do Goberno como Calvo ou Ábalos. Di que só ten gratitude pola tarefa que fixeron.

Sánchez evitou contestar se destituiría a Garzón pola polémica sobre o consumo de carne.

Ademais, cargou contra o PP polo seu labor de oposición, que definiu como furibunda e nada construtiva. E dixo que tamén sabía que os independentistas non llo poñerían fácil tras os indultos. 

Noticias web

14/07/2021