CRTVG

Buscar

Pedro Sánchez visita Libia para apoiar o proceso de transición no país

Publicado o 03/06/2021 15:19

Pedro Sánchez viaxou este xoves a Libia para apoiar o proceso de transición no país. En Trípoli foi recibido pola ministra de Asuntos Exteriores libia. O apoio de España á estabilización do país vaise simbolizar coa reapertura da embaixada en Trípoli, pechada dende 2004.

Con Sánchez viaxa a titular de Exteriores, Arancha González Laya, e un grupo de empresarios de oito compañías españolas con intereses en Libia.O presidente do Goberno  explicou que "Libia atravesa un momento histórico, unha gran oportunidade, e España quere estar ao seu lado como o estivemos desde o principio, apoiando o proceso de estabilización e reconciliación".

Noticias web

03/06/2021