CRTVG

Buscar

Sánchez vai explicar o día 30 no Congreso os indultos aos condenados do "procés"

Publicado o 19/06/2021 21:09

O calendario dos indultos xa está perfilado e só falta por coñecer se se van aprobar no consello de ministros do martes vindeiro ou no do 29 de xuño. Fontes gobernamentais recoñecían este sábado que a comparecencia do Pedro Sánchez no Congreso para explicar as medidas de graza será o 30 deste mes. Estaba previsto que o fixese unha semana máis tarde, pero os apoios xurdidos nos últimos días, sobre todo en sectores empresariais, propiciaron un anticipo da axenda.

O ministro Miquel Iceta apostaba hoxe pola "volta á política" en Cataluña: "O PSC sempre defendeu o retorno da política e facer posible o diálogo require medidas de graza excepcionais como as do indulto"

O presidente da Xunta oponse sen reservas aos indultos e considera que favorecen máis a quen os dá que a quen os recibe: "É dicir, que beneficia máis ao Goberno que aos políticos indultados. O indulto é o salvaconduto que ten o Goberno para sustentarse no Goberno".

Mentres, Inés Arrimadas percibe os indultos como unha labazada de Sánchez:."Os indultos de Sánchez son unha labazada aos constitucionalistas cataláns que sufrimos cada día os ataques do separatismo e os ataques, as violacións de dereitos deste Govern".

Noticias web

19/06/2021