CRTVG

Buscar

Pedro Sánchez retoma a axenda internacional cunha viaxe a Mauritania

Publicado o 29/06/2020 11:53
Pedro Sánchez retoma a axenda internacional cunha viaxe a Mauritania

Pedro Sánchez retomará mañá a súa axenda internacional. A primeira viaxe desde a crise da COVID−19 será a Mauritania. Alí participará xunto ao presidente francés, Enmanuel Macron, no cumio internacional sobre o Sahel, unha zona que vive unha grave crise de seguridade, económica e humanitaria. O presidente español tamén manterá un encontro bilateral co seu homólogo Mauritano para falar, entre outros asuntos, sobre migración.

 

Noticias web

29/06/2020