Pedro Sánchez reafírmase no "diálogo entre os territorios do Estado" na precampaña vasca
O líder do PSOE, Pedro Sánchez, participou hoxe na precampaña electoral en Euskadi e asegurou que traballará polo "diálogo entre os territorios do Estado".
Foi en Vitoria-Gasteiz onde Sánchez se comprometeu, como presidente do Goberno, a "cumprir co Estatuto de Guernica", que aínda non está desenvolvido totalmente.
Sánchez dixo que o PSOE suma en políticas sociais mentres outros suman siglas. Ademais, asegurou que un dos obxectivos desta lexislatura é a concordia e o diálogo interterritorial: "Hai unha maioría en Euskadi e no conxunto de España que quere vivir en tolerancia, en respecto e en integración. E a esa maioría social en Euskadi e en España dígolle que o diálogo, malia as cambadelas e os atrancos, hase abrir paso sobre a teimosia, que a concordia vencerá a confrontación e a crispación que vivimos nestes últimos dez anos".