CRTVG

Buscar

Pedro Sánchez presentou unha axenda do cambio para os vindeiros catro anos

Publicado o 01/06/2019 14:41

Pedro Sánchez avogou hoxe por unha "España que avance con xustiza social", cunha economía sostible e con transparencia institucional.
O presidente do goberno en funcións clausuraba en Sitges as xornadas do Círculo de Economía polas que desfilaron distintos líderes políticos e económicos.
Sánchez sinalou que España ten que estar na vangarda das decisións europeas e sinalou como un dos retos a elaboración dun Estatuto dos Traballadores do século XXI. Aludiu a Trump e a Cataluña sinalando que non é tempo de "erguer muros" e de "repregarse cara ao nacionalismo e o proteccionismo".
Ademais, falou neste termos dunha grande axenda do cambio para España nos próximos catro anos.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/06/2019