Pedro Sánchez presentou unha axenda do cambio para os vindeiros catro anos
O presidente do Goberno acaba de propoñer cambios no Estatuto dos Traballadores para adaptar as normas laborais aos cambios que rexistrou a sociedade. Nun foro económico, tamén falou do novo ciclo político que se abre en España e deixou mensaxes coma esta.
Pedro Sánchez avogou hoxe por unha "España que avance con xustiza social", cunha economía sostible e con transparencia institucional. O presidente do goberno en funcións clausuraba en Sitges as xornadas do Círculo de Economía polas que desfilaron distintos líderes políticos e económicos.
Sánchez sinalou que España ten que estar na vangarda das decisións europeas e sinalou como un dos retos a elaboración dun Estatuto dos Traballadores do século XXI. Aludiu a Trump e a Cataluña sinalando que non é tempo de "erguer muros" e de "repregarse cara ao nacionalismo e o proteccionismo".
Ademais, falou neste termos dunha grande axenda do cambio para España nos próximos catro anos.