CRTVG

Buscar

Pedro Sánchez prepara unha serie de decretos lei na recta final da lexislatura

Publicado o 19/02/2019 15:32

Ao equipo de Sánchez quédanlle dous consellos de ministros e neles está disposto a aprobar unha batería de medidas sociais e económicas en forma de decretos lei. A ministra de Emprego xa adiantou algunhas: subsidio de desemprego para maiores de 52 anos, cotizacións para os coidadores de dependentes, extensión da baixa de paternidade a 8 semanas, e tamén modificacións da reforma laboral, algo contra o que xa se manifestou o presidente da CEOE, que pide agardar a despois das eleccións.

Estes decretos terán que validarse no Congreso. A voceira do PSOE nesta cámara, Adriana Lastra, asegurou hoxe que o goberno "vai ser goberno e vai lexislar ata o último día".

As Cortes disólvense o próximo 5 de marzo, e tería que ser a Deputación Permanente a que valide eses decretos, procedemento que non é moi habitual. Para Irene Montero, voceira de Unidos Podemos"é un mecanismo parlamentario lexítimo pero creo o importante agora é que, canto antes, poidamos elixir un goberno estable".

Dende o Partido Popular, Dolors Montserrat pídelle a Sánchez "que finalice xa a lexislatura, que deixe de lexislar e de decretazos que van en contra da economía".

Tamén o PNV está en contra de aprobar reformas no último minuto.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/02/2019