Pedro Sánchez pide "frear a dereita da involución" nas urnas
Publicado o 30/03/2019 21:05
Pedro Sánchez comparecía esta tarde por segunda vez a carón de Susana Díaz, neste caso en Córdoba, depois de facelo pola mañá en Xaén. O líder do PSOE defendeu unha "España da xustiza social", máis igualitaria, e apelou a unha sociedade "incluínte, respectuosa e tolerante, que defenda os dereitos conquistados nos últimos corenta anos".
Pediu o voto non só dos que "algunha vez votaron polo PSOE", senón tamén o daqueles que non o perciben a el como o "candidato preferido", pero si como o que pode frear a dereita.
Sánchez dixo da ultradereita que vive do conflito e da polarización, non da solución dos problemas, e acusou ao PP e a Ciudadanos de abrazala en vez de contrarrestala con argumentos.