Sánchez insiste en manter a investidura para xullo aínda que non teña apoios
Publicado o 01/07/2019 21:04
Estes martes coñeceremos a data da investidura. Vaina anunciar a presidenta do Congreso despois de falar por teléfono con Pedro Sánchez, que prolongou a súa estadía en Bruxelas ante o aprazamento do Consello europeo.
O Goberno en funcións pide responsabilidade aos grupos para investir a Sánchez este mes
En Podemos din que Sánchez pon data á investidura para aumentar a presión e conseguir a abstención do PP ou Ciudadanos. Pero pensan que non lle funcionará e que acabará pactando con eles o goberno de coalición
En Ciudadanos dinlle ao PSOE que deixe de distraer coas peticións de abstención. E o líder do PP apunta aos socialistas como responsables do bloqueo pola súa traxectoria política dende o 2003 co apoio de Zapatero á reforma do estatut