Pedro Sánchez impulsa a candidatura de Gonzalo Caballero
O acto central de precampaña do PSdeG na capital galega contou coa presenza de Pedro Sánchez e tamén coa do ex-presidente da Xunta Emilio Pérez Touriño e de alcaldes socialistas das principais cidades galegas. Todos eles apoiaron a candidatura de Gonzalo Caballero á presidencia do Goberno autonómico. O secretario xeral do PSOE e presidente do Goberno comprometeu o apoio do Executivo central ao futuro dos sectores estratéxicos da economía galega.
Pedro Sánchez impulsa en Santiago a candidatura de Gonzalo Caballero á presidencia da Xunta. O secretario xeral do PSOE e presidente do Goberno acusou a Feijóo de facer "as políticas do PP ás agachadas" e fixo varias promesas para Galicia. Na súa intervención, Gonzalo Caballero afirmou que Galicia está "ao ralentí" e que o proxecto de Feijóo é un proxecto "esgotado". Caballero asegurou que o seu compromiso é con Galicia, que quere ser "o presidente do cambio e das solucións".