Pedro Sánchez: "Gañou o futuro e perdeu o pasado"
Un Pedro Sánchez exultante compareceu perante os seus simpatizantes tras gañar as eleccións xerais nesta xornada. "Fixemos que pase. Gañou o futuro e perdeu o pasado". Centos de simpatizantes interromperon o seu discurso para berraren a coro "con Rivera non!". Cunha expresión de alegre, o candidato socialista respondeu á multitude: "Quedou bastante claro, non?".
Deseguido reivindicou a defensa dos dereitos e liberdades "que conquistamos entre todos durante tantos anos. Non queremos a involución e o retroceso, queremos un país que avance", dixo antes unha multitude que berrou "non pasarán" en clara alusión a Vox.
Sánchez salientou os seus obxectivos de rematar coa confrontación e a crispación, de facer unha limpeza que loite contra a corrupción e de avanzar cara á xustiza social.
Tamén apuntou que quere construír "un goberno proeuropeo" que "fortaleza e non debilite". O seu, dixo, é un proxecto de país "plural, diverso, que ama a igualdade, pero que se recoñece na súa diversidade".
Finalmente lembrou que o vindeiro 26 de maio hai unha nova cita nas urnas coas eleccións municipais e autonómicas e que hai que seguir avanzando.